martes, 19 de febrero de 2013

A NECESIDADE AGUDIZA O INXENIO

De todos é sabido que a necesidade agudiza o inxenio e este é o motivo principal de que, neste mesmo momento, me esté aventurando na descoñecida tarefa de crear un blogue.
Sí, trátase dunha necesidade persoal e profesional que estou a percibir dende fai tempo relacionada cos recursos educativos, ben de elaboración propia, ou presentes na rede. Estamos a falar dun campo tan amplo e variado que nos obriga dalgún xeito, a aqueles mestres que facemos uso das tecnoloxías na aula, a invertir unha gran cantidade de tempo buscando información e recursos, seleccionalos,  adaptalos ou crear os teus propios.
Pero a verdadeira necesidade á que me refiro dende un principio é a de contar cun espazo que permita almacenar todo este traballo e darlle unha estructura sinxela de xeito que, independentemente do lugar ou momento no que estés, poidas acceder a el NUN CHISCAR DE OLLOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario